09/01/17

Volta ao cole con sorpresa: un escornabot na clase!

Tocaba volver ao cole e tiñamos unha sorpresa! O profe dixo que ía pedirlles aos Reis Magos un robot para a aula e debeuse portar ben xa que había unha caixiña, con carta asinada e todo, cun agasallo


Si, era un pequeno robot (escornabot)que se movía! Puidemos ver os seus movementos e dentro de pouco poderemos empezar facer moitas cousiñas con el


Tiñamos que poñerlle un nome e, despois de pensar varios entre todos/as, saíu por votación: Estrellita
Así que.....benvido (ou mellor, benvida) á nosa aula!!!

Ningún comentario: