01/03/10

Hoxe chegounos un agasallo por correo

Hoxe chegounos un paquetiño polo correo; un pequeno agasallo. Luis, o encargado do día, foi quen o abriu. Que sería??? Pois... dentro había unha carta e dúas latas de conserva. O paquete viña dende o otro lado da Ría de Arousa, viña dende Aguiño (Ribeira). Segundo poñía a carta, os nenos e nenas do CEIP de Aguiño, enteráronse de que andabamos a aprender cousas sobre o atún e xa que por esta zona hai moita conserva pois mandáronnos unhas latiñas de regalo. Moitas grazas, contestarémosvos cando teñamos un pouquiño de tempo e procuraremos mandarvos un pequeno agasallo.


Ningún comentario: