30/10/09

Samaín 2009

video

Hoxe rematou a semana do Samaín. Unha semana terrorífica! Fixemos cabazas e pantasmas de cores coas que axudamos a engalanar todo o cole; baleiramos na clase unha cabaza á que lle puxemos ollos, nariz e boca. Tamén trouxemos as nosas cabazas todas disfrazadas (e ben chuliñas que estaban). Hoxe, ademais, viñeron @s nen@s maiores facernos o "truco ou trato" (escollemos trato, que non estamos para sustos), fixemos a nosa primeira "excursión" ao outro cole, o dos maiores, onde nos contaron un conto de medo/risa en inglés; despois fomos ver a exposición de cabazas e ata nos visitou un dragón. Non tivemos nada de medo (bueno imos contar toda a verdade: algún sustiño si que houbo, pero pequenos ja,ja,ja). Para rematar a mañá vimos unha película de "monstros". Unha semana e un día intenso!

27/10/09

Samaín



Xa se achega o Samaín! Tes unha cabaza na casa? Pois tráea decorada! Ponlle gorro, orellas, dentes, ollos ... o que queiras, ao teu gusto. Podes traela o día 29 e 30 (antes non as recollemos), que faremos unha exposición.
IMOS ENCHER O COLE DE CABAZAS!!!!

25/10/09

Anisia Miranda


"Bibí, coa súa cara de caramelo de menta, díxome:
-Faime un conto.
-Un conto, sobre que?
-Un conto... a ver... a ver. Un conto cunha cama!
Pois... era unha vez unha cama de madeira na que durmía unha nena. Ó lado dela vivía un berce de ferro...."
("A cama, a bolboreta e o paxariño" Anisia Miranda)

Sirva este pequeno fragmento de homenaxe (tardía) a Anisia.

15/10/09

Redeiras


Nace REDEIRAS, proxecto intercentros de poesía experimental co que nós, os ollomaos de tres anos, pensamos colaborar. Poesía na rede.

11/10/09

Como facernos a vida máis divertida...



...e facer máis exercicio....



...e manter máis limpo o noso entorno....

The fun theory

07/10/09

A panda de 4º B


Temos un novo blogue no cole: A panda de 4ºB (dos chicos e chicas que están coa profe Chus en 4º de primaria). Benvid@s!

02/10/09

A habitación vermella

Como onte vimos unha habitación desta cor, hoxe @s profes déronnos uns "mobles" para que os pintásemos:




Se vemos a orixinal ("Desvio para o vermelho 1: impregnaÇao", Cildo Meireles):



e vemos a que fixemos nós...



Cal vos gusta máis? Eu non o dubido!

01/10/09

O vermello

Hoxe voltamos escribir co dedo e os rotuladores máxicos e descubrimos que había moitas cousas vermellas:





Ademais, tamén descubrimos que había habitacións que eran todas de cor vermella:


Por suposto, ao final, tamén bailamos con Elmo, que, sabedes de cor é? pois claro, VERMELLO!