22/12/09

Felices Festas


@s ollomaos de Vilanova desexámosvos a tod@s unhas felices festas.
(Descansade e disfrutade das vacacións. Vémonos o día 11)

Día intenso

Hoxe foi un día completiño. Primeiro a carta aos reis (non fora ser que pasasen polo cole e non estivese escrita),


despois unha pequena sorpresa para os "papis/mamis" (isto non se pode saber jajajajaja),


máis tarde a chocolatada (moitas grazas a tod@s pola colaboración)

e, por último, mira ti por onde, a carta dos reis .... puidemos entregala en man!!! (moitas grazas á ANPA e demais persoas que axudaron)


Pois iso, un día completo.

21/12/09

E chegou o día: os amos do escenario!

video

E chegou o día; despois dos ensaios chega a hora da verdade! medo escénico? Non, ningún. Algún despiste? Pode ser jajajajajaja. Uns monecos de neve xeniais. Parabéns artistaz@s!!!

16/12/09

Cancións

Temos unha canción para saltar (e saltamos!!! jajajaja)



Tamén imos ter unha canción para que saia o sol (que falta nos fai, que non dura moito)(para que vaiades pensando en como bailala)



Cancións diferentes, distintos ritmos para momentos distintos.

15/12/09

Aviso

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

12/12/09

O Apalpador



No medio de Papá Noel e os Reis Magos tamén aparece a figura do Apalpador. Quen é o Apalpador? Pois o vello Apalpador, ou Apalpadoiro, ou Pandegueiro, como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Tamén hai sitio para a figura deste homiño entrañable que se está tratando de recuperar por algunhas zonas.
Mirade tamén este relato de Fina de Ferramulín sobre o Apalpadoiro:



Se queredes saber máis non deixedes de visitar a páxina do Apalpador

11/12/09

Aniversarios do 1º cuadrimestre




Parabéns para Rubén, Roi, Amós, Marta, Enma, Andrea, Sara, Carlota, Brais e David!!!

10/12/09

Muñeco de nieve


Unha canción para ir practicando:

23/11/09

O mércores 25 ... TÍTERES!!!


O mércores 25 teremos títeres no colexio. A compañía de títeres tres globos representa o clásico: "O parrulo feo"

Que pasará? Pois ... "A Cisne Sofía busca un niño onde poñer o seu ovo, e atopa un xusto ao lado bo burato do "Mostruo do Burato", gran coleccionista de ovos. A parrula Gloria fixo un niño para poñer os seus dous ovos, e pídelle a Canelo que os coide mentras ela vai facer unhas cousas. E a partir de aquí..... vaia lío."


15/11/09

Keith Haring

video

Keith Haring: corpo, posicións, cores, formas, tamaños, figuras, series, números, letras.....

A súa páxina: Keith Haring

A páxina para @s nen@s: HaringKids

10/11/09

Magosto 2009

video

Hoxe día intenso: peóns, contos, cancións, bailes, maquillaxe, xogos, castañas, caras manchadas, risas... FESTA RACHADA! O noso magosto.

09/11/09

Peóns, buxainas, trompos....






Hoxe o profe trouxo unha chea de peóns (trompos, buxainas....). Trouxo unha "peona" coa que xogaba o seu pai, trouxo o seu peón de cando era pequeno, había outro que polo visto era de China e que se lanzaba cun pau e cun cordel; e había un que facía ruído coma unha sirena; habíaos grandes, pequenos, peóns que se daban a volta cando xiraban, que tíñan unha serpe que se movía, de moitas cores, de distintos materiais....
Tocámoslles, fixemos series, vimos como se lanzaban, xogamos con eles....
E, a que viña todo isto? Pois ademais de ser un bonito xogo tradicional, é que ademais o día 11 é o Día do Peón, no que o noso cole participa un ano máis e que nós celebraremos mañá co magosto.
Se queredes saber máis sobre os peóns e o Día do Peón non deixedes de visitar o último número do Vieiros da Escola e a páxina de xogos populares.
Polo San Martiño, PEÓNS AO CAMIÑO!.

07/11/09

Un mundo de cores

Cores, mesturas, monecos bailando, saltando.... un mundo de cores!

06/11/09

O martes... MAGOSTO!

Xa sabedes, o martes 10 magosto! Haberá obradoiros, xogos, cancións, bailes e, por suposto, CASTAÑAS ASADAS!
Aquí vos queda este pequeno conto (do que ademais falamos hoxe) da "Castaña que rebentou coa risa"


Que o disfrutedes!

O conto foi atopado (e feito) na páxina do biblioblog do CEIP de Ponzos.

30/10/09

Samaín 2009

video

Hoxe rematou a semana do Samaín. Unha semana terrorífica! Fixemos cabazas e pantasmas de cores coas que axudamos a engalanar todo o cole; baleiramos na clase unha cabaza á que lle puxemos ollos, nariz e boca. Tamén trouxemos as nosas cabazas todas disfrazadas (e ben chuliñas que estaban). Hoxe, ademais, viñeron @s nen@s maiores facernos o "truco ou trato" (escollemos trato, que non estamos para sustos), fixemos a nosa primeira "excursión" ao outro cole, o dos maiores, onde nos contaron un conto de medo/risa en inglés; despois fomos ver a exposición de cabazas e ata nos visitou un dragón. Non tivemos nada de medo (bueno imos contar toda a verdade: algún sustiño si que houbo, pero pequenos ja,ja,ja). Para rematar a mañá vimos unha película de "monstros". Unha semana e un día intenso!

27/10/09

Samaín



Xa se achega o Samaín! Tes unha cabaza na casa? Pois tráea decorada! Ponlle gorro, orellas, dentes, ollos ... o que queiras, ao teu gusto. Podes traela o día 29 e 30 (antes non as recollemos), que faremos unha exposición.
IMOS ENCHER O COLE DE CABAZAS!!!!

25/10/09

Anisia Miranda


"Bibí, coa súa cara de caramelo de menta, díxome:
-Faime un conto.
-Un conto, sobre que?
-Un conto... a ver... a ver. Un conto cunha cama!
Pois... era unha vez unha cama de madeira na que durmía unha nena. Ó lado dela vivía un berce de ferro...."
("A cama, a bolboreta e o paxariño" Anisia Miranda)

Sirva este pequeno fragmento de homenaxe (tardía) a Anisia.

15/10/09

Redeiras


Nace REDEIRAS, proxecto intercentros de poesía experimental co que nós, os ollomaos de tres anos, pensamos colaborar. Poesía na rede.

11/10/09

Como facernos a vida máis divertida...



...e facer máis exercicio....



...e manter máis limpo o noso entorno....

The fun theory

07/10/09

A panda de 4º B


Temos un novo blogue no cole: A panda de 4ºB (dos chicos e chicas que están coa profe Chus en 4º de primaria). Benvid@s!

02/10/09

A habitación vermella

Como onte vimos unha habitación desta cor, hoxe @s profes déronnos uns "mobles" para que os pintásemos:




Se vemos a orixinal ("Desvio para o vermelho 1: impregnaÇao", Cildo Meireles):



e vemos a que fixemos nós...



Cal vos gusta máis? Eu non o dubido!

01/10/09

O vermello

Hoxe voltamos escribir co dedo e os rotuladores máxicos e descubrimos que había moitas cousas vermellas:





Ademais, tamén descubrimos que había habitacións que eran todas de cor vermella:


Por suposto, ao final, tamén bailamos con Elmo, que, sabedes de cor é? pois claro, VERMELLO!

17/09/09

Temos unha pizarra (e uns dedos) máxica (os)

Hoxe, @s profes dixéronnos que había unha pizarra na que se podía pintar co dedo sen botarlle pintura! E nós dixemos:
-Estes profes están un pouco toliños!
E aló fomos cos nos@s compis de 3 anos B para mirar se era verdade. E anda, era certo!!! Tiñamos uns dedos máxicos e nós sen sabelo!
Tocabamos co dedo a cor da camiseta e .... podiamos pintar desa cor!
Tocamos nas estrelas da camiseta de Pablo e .... pintamos estrelas!


Tocamos na cara sorrinte de Marieta e .... pintamos cariñas!


E flores, e liñas de moitas cores...... Era máxico!
E para rematar, bailamos con Elmo!!!!


Queremos volver!